Marca: Edicions xerais de galicia
Reseña del editor Said e Sheila, os dous rapaces do futuro que xa protagonizaron Perigo vexetal (Premio Merlin 1995) e Ameaza na Antártida, viven nesta ocasión a súa aventura máis arriscada e transcendente. Cando a súa amiga Irina chega a visitalos ó muiño de Loreda atópase coa súa repentina e misteriosa desaparición ¿Que lles aconteceu? Axiña o saberedes... Nesta ocasión, Said e Sheila terán que enfrontarse ós poderosos grupos que, movidos só por intereses económicos, buscan destruir amplas zonas da beiramar, sen importárenlles as desfeitas ecolóxicas e culturais que produzan. Biografía del autor Ramón Caride (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria. Desde o poemario " Paisaxe de verde chuvia " (1986) publicou ducias de títulos de moi variados xéneros. A súa narrativa conta con obras tan destacadas como " Soños eléctricos " (Xerais, 1992), Premio Blanco-Amor; " Sarou " (Premio Café Dublín 1997), recollida no volume recompilatorio " Sarou / Louzós " (Xerais, 2012); " O frío azul " (Premio Lueiro Rey 2007, Premio Templis 2012 na versión española); " O sangue dos camiños " (Xerais, 2014), Premio Risco de Literatura Fantástica; ou os libros de relatos " Flash-Black 13 " (2014), " Exogamia 0.3 " (Xerais, 2011), " Endogamia 0.2 " (Xerais, 2013), Singamia 1.1 (Xeraos, 2019), " Dedre " (Xerais, 2004) ou " Liquidación de existencias " (Xerais 2016). O volume antolóxico " As máscaras de Cronos " (Xerais, 2006), " A chuvia humana " (2011), e " Criptografías " (2009) son as súas últimas entregas poéticas. Na súa produción xuvenil destaca a serie das aventuras de Said e Sheila (Xerais), ilustrada por Miguelanxo Prado, moi reeditada e traducida a distintos idiomas: " Perigo Vexetal " (Premio Merlín 1995), " Ameaza na Antártida " (1997), " O futuro roubado " (1999), " A negrura do mar " (2006), Premio Frei Martín Sarmiento 2006 e " O camiño da Estadea " (Xerais 2016). Dentro da súa produción infantil publicou en Xerais, " Andanzas de Xan Farrapeiro " (2009), " A pomba dona Paz " (2012), " Catro amigos pillabáns " (2012), " O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas " (2013), " As viaxes de Ruki " (2014) e " Sara ten un segredo " (2018).
Las cookies que utilizamos son exclusivamente para poder analizar las visitas. Para más información, revisa nuestra política de privacidad. Al pulsar en "Aceptar", aceptas esta política de cookies.