Marca: Hercules ediciones
A partir de consideracións teóricas sobre a influencia da narrativa de transmisión oral, concretamente dos contos marabillosos, na Literatura Infantil e Xuvenil galega, ofrécese unha ampla ollada panorámica sobre o aproveitamento que dese material narrativo, con distintas finalidades (referenciais, lúdicas, humanizadoras e ideolóxicas), fixeron escritores e escritoras galegas nun significativo período de tempo. Coméntanse unha selección de obras consideradas, nese período temporal, referentes e innovadoras. Achéganse, ademais, pautas cara ao mediador adulto para que non esqueza as múltiples reescrituras que se realizaron dende Galicia, dirixidas en primeira instancia á infancia e mocidade, co propósito de fornecer o imaxinario colectivo e promover a creatividade literaria a través de personaxes, espazos e estruturas narrativas que se repiten ao longo dos tempos. Un bo camiño de ida e volta que une tradición con modernidade.
Las cookies que utilizamos son exclusivamente para poder analizar las visitas. Para más información, revisa nuestra política de privacidad. Al pulsar en "Aceptar", aceptas esta política de cookies.