Marca: Hercules ediciones
Galicia conta cun amplo e diverso patrimonio cultural, do cal forman parte abundantes elementos inmateriais: mitos, lendas, costumes ancestrais, festas (con grande importancia do elemento gastronómico), tradicións, supersticións etc. Con esta obra preténdese realizar un estudo ?destinado ao público en xeral? do folclore galego na súa vertente máxico-relixiosa, mediante unha visión panorámica e un compendio universal dalgúns dos elementos máis sobranceiros desta parte tan importante da cultura galega. Búscase contribuír á súa difusión e divulgación co obxectivo de poñela en valor; dunha banda, para concienciar da súa salvagarda e evitar o seu esquecemento e, doutra, pola súa importancia como patrimonio inmaterial e o seu potencial como produto cultural e turístico.
Las cookies que utilizamos son exclusivamente para poder analizar las visitas. Para más información, revisa nuestra política de privacidad. Al pulsar en "Aceptar", aceptas esta política de cookies.