Reseña del editor As Bruxas de Roald Dahl narra a historia dun rapaz e maila súa avoa que se enfrontan á terrible Asociación de Bruxas de Inglaterra, mentres estas, baixo a aparencia de mulleres correntes celebran a súa convención anual nun hotel... Ninguén cre nas bruxas, pero haber hainas. E estas das que fala Roald Dahl posuén podeorosísimos nenicidas. Os nenos para unha bruxa son sucios e fedorentos, o inimigo que hai que exterminar... E non son esas vellas feísimas de voz renxente, traxes negros, sombreiros picudos e vasoiras aerodinámicas. Non. Aquí fálase das bruxas verdadeiras, das que fan traballos normais, levan unha vida normal e adoitan levar luvas porque, na realidade, teñen gadoupas por mans, pés cadrados sen dedas, e utilizan caramelos e chocolates como engado para destruír nenos. As bruxas é un libro onde o lector atopará moito humor e disfrutará coa maneira sinxela e trepidante coa que o autor mantén a súa atención. Unha historia contada en frases curtas e secuencias claras onde a acción, de golpe, envolve todo o discurso narrativo. Unha voráxine de situacións, de anécdotas, de aventuras que non dan tregua ao lector ata o seu remate. Biografía del autor Roald Dahl (1916-1990) cando estalou a Segunda Guerra Mundial incorporouse como piloto de combate á Forza Área británica. Un accidente aéreo retírao do servicio e permítelle dedicarse á creación literaria. Novelas e contos para adultos, guións cinematográficos e, sobre todo, a súas obras para nenos convertérono nun dos autores máis lidos do século XX. Parte da súa obra de literatura infantil está traducida para o galego: " Charlie e a fábrica de chocolate " (Xerais, 2005), " Charlie e o grande ascensor de cristal " (Xerais, 2005), " As bruxas " (Xerais 1989, 2003), " Danny, o campión do mundo " (Xerais 1989, 2003), " Iago e o pexego xigante " (1990); " Matilda " (1993), " O dedo máxico " (1996) e " A marabillosa medicina de George " (Xerais 2004).
Las cookies que utilizamos son exclusivamente para poder analizar las visitas. Para más información, revisa nuestra política de privacidad. Al pulsar en "Aceptar", aceptas esta política de cookies.